sábado, 2 de diciembre de 2006

CANTIGA DE SOIDADE

Vou na túa percura;
Navego esta noite, por un mar somnolento
que adoito surcar coa compaña de algunha midi melodía
de piano pseudo electrónico,
cando me sinto canso, a pensar…

E penso porque quero,
sen nada especial que me mova a facelo.
So penso por pensar,
por disfrutar pensando,
por pasa-lo tempo divagando:
Como quen viaxa deixándose levar pola corrente
(sen remos, sen temón, aínda sen velas)
nun caiuco, multicolor estragado pola desilusión ,
o longo dunha nada tan solitaria e valeira
como a afastada estrela polar desta noite
enxoita i escura.

Penso, pechando os ollos,
e mirando de cando en vez polo rabiño
o fondo diste océano enganosamente manso,
por si chegara a derradeira onda de ningures
que agardo
inexorable e impaciente,
nesta veira da lúa nova,
sobre as areas dunha praia imposible,
brillante e
valeira
no mar da tranquilidade.

Móvome
o compas das notas que vai tocando o pianista invisible,
agochado zecais nos recunchos escuros e inaccesibles
desta habitiación que ocupo,
aquecida po-lo lume dos meus pensamentos inquedos
e trasnoitadores.

Sorrío, e susurro,
e tarareo o que escribo,
e me deixo levar por este ritmo adormecido,
acompasado polo monótono vaivén, maxinario,
das ondas silenciosas da lúa brillante e arregoada.

Vai acabando a viaxe…
Déitome, sobre un acolchado sofá de espuma,
suave e denso como un nórdico de terciopelo azul recen estreado
que cheira o aroma do deserto o amencer:
O oasis das palmeiras moles que se moven co vento da maña,
como a mes en agosto.

E así, paseniño,
vou chegando
a non sei onde,
nesta patera sen rumbo,
deitado o carón da lúa.
Envolto en bolboretas transparentes
que me fan cóxegas na barriga e por detrás do pescozo…

E sinto
o reflicto do teu recordo
doce como a mel da veiga,
sexas quen sexas (e non quero sabelo),
adorada soidade:
Déixame eternamente
este sorriso embriagador nos beizos mordisqueados po-la calma,
déixame
esta ledicia no peito,
este coraxe nos puños
i esta paz no corazón;

E lévame, cando queiras,
sen avisarme,
a calquera sitio distante,
eternamente
ou aínda que sexa so por un anaco pequeno
diste medio minuto
que dura a midi melodía de piano,
de esta cantiga continua
inacabada
e fermosa
que e a vida.
Carlos Gómez (Noviembre 2006)

No hay comentarios: