martes, 12 de diciembre de 2006

ANTELA

Vou pisando terra escura
terra vella e labradora,
polo Carreiro da Veiga
que cobreguea a Lagoa.


Polo Campo da Chasquiña
a Esturdiñeira e a Corga,
pacendo andan os chirlos,
as lavandeiras e as tordas.
***
Mentres o gando sestea
polas verdes Arrabazas,
-nas Malladas lamedeiras
entre poulas de lampazas-
os labregos, botan trigo
na Seara e nas Tapadas;

Botan o pan que alimenta
tantos séculos de espranza,
e arremánganse lo peito
e secan o suor da cara,
e non choran, se non queren,
porque razóns non lles faltan
para chorar pola Limia:
pola terra e pola auga.

Onde había Fontarigos
deixaron Areeiras bravas.
Onde Mouriscos e Bidos
somentes deixaron Calvas,
unhos cantos Mieirais,
onde non voan as garzas,
e un Cadaval baleiro
para sementar patacas.

Xa non veñen as xarrelas
nin as grúas, nin o albelo,
nin tapan a luz do sol
os ferreiriños no ceo.
Xa non se escoita o brullón
brunindo nos treboedos
Nin ó pato silvador,
nin ó bufo no acibeiro.

Non hai medas no Palenque
nin muxen os bois limiaos
nin liño nos Lagadoiros
nin mallos para mallar.

Xa non camiñan as mozas
a Carreira do Amieirón.
Nin van namorar os mozos
agochados no bión.
Porque non teñen cantigas
nin gaitas, nin alalás
nin tamboriles de freixo,
nin gaiteiro en Baronzás

Deixou de zoar o vento
na Touza da Carrasqueira
por esta terra Limia
asolagada e valeira.

A memoria se esparexe
coma unha mancha de graxa
mentres pola Ría Vella
navega unha dorna mansa.

En homenaxe os que colaboraron no libro
Antela: A memoria Asolagada.
Particularmente a Soedade
do Muíño e Constantino Pazos,
polo fermoso traballo de documentación
e inventariado dos chamadoiros da lagoa contido neste libro.



Carlos Gomez

lunes, 11 de diciembre de 2006

¿QUEN E PAPA NÖEL?

Cando eu era cativo, a festa do Nadal tiña certas similitudes coa celebración actual; Digo esto, porque a pesar de que se mantén a esencia fonda da festa, as formas mudaron radical, e penso que en grande medida irreversiblemente; Antes, a celebración tiña un marcado carácter relixioso, intimista e tradicional, e hoxe, para a maior parte da poboación, o Nadal e unha festa laica con raizames cristiás; Unha celebración superficial, mediatizada pola televisión (¿Cantos fogares apagan a televisión a noite de Nadal?), e cada vez mais allea o ámbito intimo e familiar que lle deu cobillo e sentido. Todo este espritu do nadal vaise disolvendo nunha encrucillada de rúas, nun remuíño de euros e dólares (bares pubs e discotecas, tecnoloxía, areas comerciais, consumismo e modas). A incorporación de estes rituais, fundamentalmente materialistas, veñen a convertela paseñiñamente en algo novo, diferente o que era, moderno e aínda diría, oposto o espritu tradicional que a fixo pervivir durante tantos séculos.

A pesares de todo, como dixen o comezar este artigo, afortunadamente o Nadal aínda conserva a esencia da súa xéneses.

Pero hai un “elemento” que me chama a atención e que despunta por enriba de todos estes esnovismos mediáticos e economicistas: Papa Nöel, ou en Galego, Pai Nadal.

A calquera cativo que se lle pregunte por Melchor, Gaspar e Baltasar, nos contestara de xeito case reflexo que se trata dos tres Reis Magos. E seguro que calquera neno sabe dicir mais cousas deles: Que seguían a unha estrela, que eran de Oriente, que foron a Belén a levarlle agasallos o Neno Xesús, que ían en camelos, que tiñan paxes. Zecais algúns saiban dicir que levaban ouro, incenso e mirra ( aínda que, como di o chiste, poucos saiban para que sirve a mirra…???). O caso, e que poderiamos deducir que os Reis Magos son uns vellos amigos ben coñecidos –e impacientemente agardados-.

Pero vel-aiqui, que de súpeto, alguén do que remotamente sentiamos falar de cativos, un home vello, gordiño e populista, vestido de roxo, de barba branca e que viaxa polo ceo en trineo!, esta a piques de derrocar, cal civil golpista, as tres vellas monarquías orientais.

Pero, ¿ quen é este elemento subversivo?
As súas orixes hainas que buscar aló polo século IV, nun santo chamado Nicolás de Bari que acadou grande popularidade pola súa xenerosidade e bondade, nos vals de Lycia e Asia Menor, e foi unha das figuras máis veneradas polos cristiáns de Oriente e Occidente o longo de toda a idade media e se cree que morreu o 6 de Decembro do ano 345.

A este personaxe patriarcal, tenro e protector, que reparte agasallos os nenos, hoxe chámaselle Santa Claus, Father Christmas, Sinterklaas, Papá Noel, Baboo Nadale, Pai Nadal, Père Noël ou Julenisse en Escandinavia … Aínda que no pasado denominábaselle San Nicolás; E moito antes, aparecía co nome de Señor Inverno po los camiños nevados dos pobos centroeuropeos.

Pero más atrás aínda no tempo, celebrábase coa advocación de Saturno entre os romanos e Cronos entre os gregos.
Na antiga Roma, por exemplo, celebrábanse estas festas relixiosas en honor a Saturno en inverno, mais ou menos a mediados de decembro; Estas cerimonias comprendían festas, xogos, e invertíanse as relacións de autoridade (as mulleres sobre os homes, os fillos os pais). O final das festas, os nenos recibían agasallos de todo o mundo.

Pai Nadal non tiña por entón un nome nin un sexo definido. Estes ritos pagáns, fóronse asimilando os mitos e crenzas cristiás, mesturándose con outras tradicións pagás como as dos nenos italianos, que recibían agasallos de unha meiga boa chamada Befana. Ou en Alemania que llos botaban dous vellos xenerosos, Berchta e Knecht Ruprecht. Nos bosques vascos, quen viña con agasallos pros rapaces era un xigante chamado Olentzero, e tamén carboeiros, trasnos labregos de barba branca, botas altas e sombreiro de armiño.
A popularidade e o recordo dos milagres de San Nicolás entre os fieis cristiáns e a supremacía desta relixión, foi sustituindo as figuras pagás portadoras de agasallos e mesturándose con outras celebracións. Espallándose por toda Europa durante o século XII a tradición do Santo levando agasallos na Noiteboa.

Cincocentos anos mais tarde no século XVII, os holandeses levan a tradición os Estados Unidos co nome de Sinter Klaas, Santa Claus. Aínda que este nome ten os orixes en Alemania con Sankt Nikolaus e Sanct Herr Nicholaas, e as súas raizames como vimos dicindo, atópanse na antiga cultura popular Europea. En esta época, celebrábase o 6 de Decembro, e dicíase que cabalgaba polo ceo nun cabalo, repartindo agasallos; Vestía como un bispo, e as veces iba acompañado por Black Peter, un trasno que azoutaba os nenos que non se portaran ben.

En España, nembargantes, son os coñecidos Reis Magos os encargados dos agasallos, e esa costume difundiuse cara Latino América.
Despois da Reforma, os protestantes alemáns deron máis importancia o Christkindl (Neno Xesús) como donante de agasallos o día da súa festa, o 25 de decembro. Pero como a tradición de Nicolás prevaleceu, esta incorporouse o Nadal. En 1969, o papa Paulo VI suprimiu a festividade de San Nicolás do calendario católico, así como a de outros personaxes lendarios que tiñan pouco documentadas as súas vidas. Ironicamente, o termo Christkindl evolucionou hate converterse en Riss Kringle, outro alcume de Pai Nadal.

En 1809 o escritor Washington Irving, escribiu unha sátira, Historia de Nova York, na que deformou o santo holandés, Sinter klaas, na basta pronunciación anglofalante Santa Claus. Más tarde o poeta Clement C. Moore, en 1823, publicou un poema onde deu corpo o actual mito de Santa Claus, baseándose no personaxe de Irving, nun trineo tirado por oito renos. Ata o de aquela, Pai Nadal repartía os agasallos a pe, ou montado en un cabalo.

A imaxe do gordiño Santa Claus detallouna ó máximo o debúxante Thomas Nast, que por Nadal de 1860 a 1880 deu o prelo ilustracións súas na revista Harper’s. Nast, añadindolle detalles como o seu taller no polo norte e a vixilancia sobre os cativos malos e bos de todo o mundo

A mediados do século XIX, o Santa Claus estadounidense pasou a Inglaterra e de alí a Francia, onde se fundiu con Bonhomme Noël, orixen do noso (Papa Noel) Pai Nadal, quen tiña parecido físico con Santa Claus, pero vestía de branco con vivos dourados.

No ano 1931 foi debuxado por primeira vez por Coca-Cola empresa que lle deu o seu aspecto actual. Esta multinacional encargoulle a Habdon Sundblom, que remodelara o Santa Claus de Thomas Nast, para a campaña publicitaria de Nadal dese año, 1931.

Sundblom, creou un Santa Claus más alto, aínda máis gordallón, e tamén mais simpático, con unha cara mais bondadosa da de Nast; De ollos pícaros, faiscantes e amigables, cun pelo branco e longa barba e mostacho, tamén brancos, sedosos e agradables. A vestimenta mantivo os cores vermello e branco, que son os da compañía Coca Cola, pero o seu traxe fíxose máis luxoso e atractivo.
Cada ano no tempo de Nadal en case todo o mundo, a publicidade, as tarxetas de felicitación, a decoración e a aparición do Pai Nadal nos grandes almacéns, renovan a súa lenda moderna; Sorprendentemente moderna, e simple. Tan burda, que semella que ninguén, nin cativo nin adulto, se podería tomar en serio despois dun pequeno análise o personaxe cocacoleiro. E mais sorprende ainda, é que os nenos do século XXI tan espertos, informados e críticos, tecnolóxicos e tremendamente televisivos e internauticos, se traguen o conto do barbudo gordiño, ¡Que viaxa polo ar nun trineo! Ou o que peor, ¡Nun trineo tirado por oito renos, un deles chamado Rudolf… que soa a carallada.

Que ademais, entra polas chemineas, cando a mais grande parte das casas non teñen mais cheminea que as da estración de gases; E si por estas entrara o vello gordallón, quedaría tupido frustrándose a súa tarefa de repartir milleiros de agasallos nunha noite, que por certo, leva nun saco. ¡Alucinante historia…!

Eu coñezo una anécdota, dun neno, ó que, o pai empreñouse en darlle unha sorpresa de noiteboa. E non se lle ocorreu outra cousa que vestirse de Pai Nadal, e chamar o timbre as dúas da noite do 24 de Decembro, cun saco as costas.
Nin que dicir ten que o susto que levou o rapaz foi de carallo; berrando aterrorizado escaleiras embaixo, como un autentico poseso descontrolado, e toda a familia tras del, incluído o falso Pai Nadal, que trataba de tranquilizar o rapaz despoxándose polo camiño da barriga das barbas e do saco e de todo xcanto o podia espantar.
Sospeito que o pobre cativo aínda padece as secuelas de aquel trauma infantil, e nin escoitar quere do home do saco, que para el e un vello, feo como o demo vestido de roxo, de rubia barba descolocada e aspecto cansado e borrachuzo…. Que mais ten, o caso e sorprender e agasallar… Pois si, o agasallo foi dos bos, e a sorpresa xa maxinades! Obxectivo cumprido..

Para min, este personaxe usurpador, apoiado polo tío SAM e vestido pola COCACOLA Inc, no e mais ca un producto da sociedade capitalista e insolidaria, que entra en conflicto co verdadeiro significado do Nadal, e sómentes promove a avaricia e o consumismo. Que nada ten que ver co espritu daquel santo personaxe do século IV que simboliza co seu exemplo de vida e amor, o cariño e a xenerosidade.

Eu para dar e recibir agasallos de Nadal, quedo cos Reis Magos, que aínda que reis, ou zecais por elo, parécenme mais próximos, mais humanos e mais humildes.

sábado, 9 de diciembre de 2006

ENCOL DA FAMILIA

O pasado sábado día 9 de decembro, aproveitando a longa ponte da Constitución e a festividade da Inmaculada Concepción, organizamos unha comida familiar nunha casa de turismo rural próxima a Xinzo. A data, o menú e a hora quedaran fixados uns días antes po-lo meu cuñado Desi e mais eu, compinchandonos ambolosdous en anuncialo para media hora antes, porque segundo di o meu cuñado, o noso forte no e a puntualidade. O caso e que a pesares de todo cadaquén chegou a hora que lle pareceu eso si, entre as duas e as tres da tarde, así que logo de un pequeno desorde para sentarse, entre saúdos e bicos comezamos a comer, desfalecidos, a eso das tres e dez.

A fame, o sitio, a hora e aínda o menú eran o de menos, ou a desculpa, o importante foi estar unha vez mais a familia xunta.

Xa na casa esa noite, déuseme por cavilar sobre o acontecido, e sobre a familia en si mesma, -ou institución familiar-, encol da cal, existe un debate aberto, que non e actual, e dos valores que comporta esta antiga institución, que perdura e se mantén bastante inalterable, en contra do que cabería esperar, o longo dos séculos e, a pesar dos cambios propios da evolución da sociedade. Cambios estes que en non poucos momentos da historia da humanidade, foron, senón radicais, si poderiamos cualificar de decisivos para chegar a modernidade, ou o estado das liberdades e dereitos dos que disfrutamos actualmente.

Teñen corrido ríos de tinta e de saliva, debatendo acerca dos “perigos” que supoñen determinadas ideoloxías ou posicinamentos políticos e relixiosos; Tamén se teñen producido acalorados parlamentos e omilias atribuíndose os seus relatores, ser os paladíns da defensa da institución familiar e dos seus valores calesqueira que sexan (e por suposto non sempre coinciden neles).

Derivados destes litixios xurden leis que propician, consolidan ou restrinxen dereitos e deberes, usos e costumes sociais que configuran e reformulan o concepto e definición de familia, e que no eido practico supoñen una evolución do xeito de relacionarse os seres humanos no ámbito mais domestico e familiar.

A penas a un año vista da aprobación, polo goberno ZP, da lei de matrimonios homosexuais, ollada por algúns sectores da sociedade, como a puntilla a institución familiar. Temos que convir que a mas grande parte dos cidadáns o ven con absoluta normalidade e aínda diría, con cordialidade. Zecais, o que sigue a producir o maior rexeito, sexa algo probablemente banal e inocuo como e o termo matrimonio, que ZP e os seus ministros se empeñaron en manter ( case de forma provocadora) a pesares da manifesta contestación que suscitou.

Eu teño que confesar que non me gusta o termino aplicado as parellas homosexuais, porque entendo que e unha palabra que histórica, cultural e aínda etimoloxicamente se refire a unión entre un home e unha muller. Mais aínda, creo que si se houbera usado outro termino para definir estas unións, en pe de igualdade cos heterosexuais, o 99% dos cidadans estarían de acordo coa equiparación de dereitos e deberes. Aínda mais, houbera sido didáctico e divertido inventar unha palabra simple (non composta) para este tipo de unións.

A segunda parte, consecuente e consecuencia da nova situación, será a lei de adopcións, para a que hai tantas consideracións e razóns en contra como a favor dela. O que si esta claro que que, si existe matrimonio, existe dereito, e si non, no caso das mulleres tamén, posto que nada impide adoptar e moito menos enxendrar un fillo a unha muller independentemente de que conviva sola ou acompañada, algúns destes casos son as coñecidas familias con nome de tratamento inxectable, as monoparentais. A min, como di a canción do anuncio, paréceme mellor ” Os animais de dous en dous… uah… uah …

Tampouco neste caso o teño eu claro, aínda que se supón que estou condicionado por unha concepción cultural, relixiosa e xeneticamente heterosexual das relacións humanas; Producíndome un importante rexeito e repugnancia (con perdón), o feito de maxinar a un neno metido na cama dos seus dous pais, que entre arrumacos e bicos namorados, acariñan o seu rapaz un sábado calquera pola manan antes de erguerse. Supoño que e algo alomenos tan proporcionalmente forte e incontrolable para os heterosexuais, como para os homosexuais o rexeito que din sentir polo sexo oposto.

O caso e que, con mais probabilidades que menos, o futuro será bisexual e ambiguo, e as relacións humanas zecais pasen a u segundo termino.

Toda esta reflexión sobre a familia, ben o conto como dixen, porque este pasado fin de semana, xuntémonos para ir a comer a un restaurante toda a familia. Preto de vinte persoas o carón da avoa, vencello querido e respectado dos alí presentes: fillos e fillas, xenros e noras, e netos e netas que conforman o entramado de fillos/fillas, netos/netas, tíos/tías, primos/primas, cuñados/cuñadas, da nomenclatura do parentesco familiar.

Disfrutando por enésima vez da compaña dos parentes, decateime que a institución familiar non corre o perigo que se pretende. E mais, semella estar forte e como dicía o comezo de esta reflexión, se mantén bastante inalterable, en contra do que cabería agardar. E coido que, independentemente das relacións que se establezan ou non no futuro en función da sexualidade dos conxugues, a familia non corre un serio perigo, ou alomenos non maior do que correu sempre. Ese perigo por certo, non depende tanto desa condición sexual, canto das relacións sociais ou humanas entre os membros da familia; Da educación no ámbito “domestico” e con respecto os parentes, que se trasmita de pais a fillos; E por suposto do respecto e consideración que sexamos capaces de outorgar ou recoñecerlle os nosos maiores.

Eu paseino fenomenal, como sempre! Compartindo mesa e cuberto cos meus, disfrutando en primeiro lugar da compaña de miña mai que estaba compracida e feliz de vernos xuntos, e disfrutando tamén da compaña de tódolos demais familiares cos tics e tópicos de cadanseu deles e delas, que non por moi coñecidos e previsibles, ou a pesar diso, son menos celebrados e comentados que noutras ocasións. Un pracer!

Observo o futuro desta institución con confianza, optimismo e aínda con certa dose de humor: Probablemente nas xuntanzas familiares para aquelas, estea de mais o xénero de algunhas palabras, como aboa si fosen dous aboos, ou haberá mais cuñadas que cuñados, ou moitos mais tíos que tias…. Quen sabe como vai ser…? O importante será que se xunten as familias o carón, e o calor dos parentes, e por certo, tanto familia como parentes, son duas palabras fermosas que definen relaciones humanas, que como amor, non teñen nin xenero nin están suxeitas o arbitrio das pasións políticas nin fundamentalistas.

Carlos Gómez

jueves, 7 de diciembre de 2006

CUADERNO DE BITACORA



Domingo, 5 de agosto del 1981


Querida amiga: Hace más de 5 meses que iniciamos esta larga singladura que me ha llenado de satisfacción y nuevas sensaciones. No encuentro mas que buenos momentos cada vez que recuerdo las largas jornadas que hemos pasado juntos. Me siento como aquellos primeros conquistadores, navegando por un mar desconocido, rumbo a la aventura. Por un océano infinito... profundo, inmensamente azul y placentero.
Un mismo océano para los dos, que bate mi lejana tierra con las mismas olas con que baña las costas de tu país. Que tiene la misma brisa que acaricia mi cara y mueve tus cabellos; esta brisa calida que empuja mi barco....
Hoy, por fin, después de la tormenta de anteanoche que azoto con fuerza mis sentimientos; el mar ha vuelto a quedar en calma. Los vientos han cesado y ha regresado la tranquilidad, pero la lucha contra la tempestad me ha dejado cansado, me encuentro detenido en medio de ninguna parte, tratando de recuperar las fuerzas.
Por fin se acerca el final del viaje!, he pasado la noche en Guanahani trazando la ruta que me llevaría a tu lado, navegare hasta Laguna Madre y cabotando la costa fondeare en Brownsville para seguir cabalgando...., vadeando Río Bravo por Matamoros y Reynosa... te siento tan cerca que casi puedo escuchar tu respiración.
Esta mañana, con las primeras luces del alba, impaciente e desplegado velas: la mayor, el trinquete... pero una calma desesperante detiene mi barco. Mientras tanto me entretengo releyendo tus cartas, y curioseando indiscretamente en algunos de tus escritos, leo: Hola hola.. es de un tal Somsen, parece un gran tipo, que te dice lo mucho que te extraña, y al que contestas con cariñosas palabras cuanto lo quieres... Demasiadas preguntas sin respuesta... demasiadas dudas... la brisa se transforma en viento, el viento en huracán, el timón gira alocadamente, y las olas baten contra la quilla una y otra vez. Al encuentro de quien voy?, a cual de las dos encontrare esperándome?.
Lo tengo decidido, regresare a mi tierra, a mi casa, reparare el casco del barco y llenare las bodegas con los mejores sentimiento, con todas las cosas que he aprendido durante mi vida y a lo largo de todas estas singladuras, incluso las que tus me has enseñado.
Hay tantas aventuras por disfrutar, tantas personas por conocer!, Me seduce la idea de navegar de nuevo, Mi corazón no alberga ni un ápice de rencor, ni un resquicio de tristeza, en mi cabeza resuenan los ecos de dulces melodías. El regreso no será fácil, lo se, pero el día esta claro y el viento sopla de popa.... pensar en vuestra felicidad aligera mi nave. Y me hace también feliz.
Conoces una de mis citas preferidas: Carpe Diem, vive el momento, deseo y te auguro fantásticas aventuras, felices momentos. Tal vez nos encontremos de nuevo, tal vez no. Si nos cruzamos en alguna singladura, levanta tus ojos a lo alto de los palos de mi goleta, veras que en el trinquete esta escrito tu nombre Amiga.

....Mi unicornio y yo hicimos amistad,

un poco con amor, un poco con verdad.

Con su cuerno de añil pescaba una canción,

saberla compartir era su vocación.

Carlos G.

sábado, 2 de diciembre de 2006

Lembranzas do Nadal de Xinzo de Limia



Fai uns días atopeime, por casualidade, unha axenda que a modo de diario levaba eu cando era cativo. Abrila polas paxinas do nadal supuxo dar marcha atrás o tempo.
Nunca fun amigo de reler o que escribín na miña mocidade, pero a coincidencia das datas espertou a curiosidade e rachei a promesa secreta que me tiña feito de non remexer no pasado.
Empecei a ler, e de súpeto vinme transportado ós anos da miña infancia. Supoño que semellante a de calquera rapaz, hoxe home, que supera a media da idade que seremos quen de vivir si Deus, a ciencia ou a xenética nos conceden tal privilexio.
Moi distinta a infancia que disfrutan os cativos do ano 2000. ¡Tan pouco tempo e tanta diferencia...!
Na miña axenda, esmagada polo peso do tempo, e deformada polo esquecemento entre as moitas lerias que atesouro no caixón desastre das miñas lembranzas, atopeime co sorriso e coa palabra agarimosa do meu pai, que nestas datas andara –xunto con tódolos que foron parte diste pobo- mesturado entre o brillo das estrelas de purpurina, ou na xeada que arrinca o vento dos tellados.
Atopeime tamén cos amigos dos xogos inxenuos, dos xoguetes feitos a man coas polas dos carballos, cos bugallos arrincados a lombos do mais alto. Coa pelota de coiro que enchiamos e cosiamos unha e mil veces; e cos contos dos vellos que escoitabamos quedos e tremesiños a carón dun lume de muxicas.
O nadal era frio, e quentabamos os pes nun braseiro que cheiraba a outono, feito no patio da casa da aboa, valeira agora. As mans aquecíamolas meténdoas agochados, por tras dos xeonllos – iso aínda non cambiou- e entre risas e xogos rascabamos os picorentos sabaños que nos arrincaban por veces as ganas irrefreables de botar carreiras cara a ningures.
Na miña axenda escribín que non quería medrar, que desexaba que o tempo se estivera quieto para sempre, que o –meu- mundo non cambiara nunca, e con el tampouco mudara a felicidade que sentía, na quietude da aquel pobo que se extremecia, de porta a porta, co paso de algún camión senlleiro que rachaba o silencio das noites invernais.
Era nadal, coma hoxe, ó espertar o día espertaban tamén os sons da radio da galería, que animaban a mañá mesturándose co chirlo dos xarotos que se agochaban entre as tellas repletas de carambelo de xeo.
Leo, e lembro que aquel ano facía o Señor Cura un Belén vivinte, e na casa se aprestaban a facernos unha albarda e unhas pelicas para ir, o meu irmán e máis eu, de pastoriños. Alí, no adro da Igrexa valla era noite pecha e fría, a luz de unha restra de alamparas que case non alumeaban, nos xuntaba cos outros cativos que iamos participar na representación, -sempre tiven envexa dos que traían da casa un año as costas, eran os afortunados e auténticos pastoriños-. No adro estaba todo o pobo, entre pallas e chozas e lumes feitas polos maiores, cantabamos e adorabamos o neno que representaba o Neno Deus agochado entre os ollos agarimosos de María e o longo caxato de Xosé
Sentiámonos coma verdadeiros anxos animados polos comentarios da xente e polos consellos do señor Abade.
A Noiteboa, íase achegando... entre as xallas da mai, entre os pucheiros fumeantes, entre as fontes das intocables lambiscadas... e remataba despois dos prostres das cancións das risas, e do sono.
Daquela aínda non se inventara para nos o Papa Nöel ni a televisión, así que a Noiteboa era lenta e chea de conversas e de ledicia, e de máis sono... Logo, no colo dos que máis nos querían, viaxabamos ata a cama, mentres un traxin de misa do galo, -que entón non sabia o que quería dicir-, se ía escorrentando escaleiras abaixo.
O tempo non se parou....ou, zecais si?, porque chegado o nadal, miro cara as miñas fillas, e cara a faciana de calquera cativo, que entre debuxos animados, música, videoconsolas e internet, chegan a casa cada noite, cansas de tanto xogo moderno, en percura do agarimo dos seus pais e dos contos de vellos; Agardando ser levadas en brazos de aqueles que máis as queren a un leito cheo de soños, para espertarse, -case sen xarotos e sen carambelo de xeo-, desexando, coma eu o desexaba , que se pare o tempo... neste tempo de nadal.
¡Bo Nadal Xinzo!

Carlos Gómez

AUGA

Auga seca
Auga mollada
Auga verde
Verdescente
de vida, chea. Preñada.
Auga transparente, e clara.
Auga quieta
Auga amansada.
Inútil, Asulagada.
Auga escrava ¡Escravizada!
Morna desecada e rente.
Auga esquecida... corrente.
Auga morta
fedorente
Augade de ninguén
é nada.
Carlos G.

Unha peseta de ledicia

A pasada tarde do luns, una chamada telefónica dende un periódico, me convidaba a escribir algo sobre o Nadal para o especial que este diario faría nas vindeiras datas.
Me gusta escribir, declarei, o tempo que me suxerían que escollera eu o tema e a extensión do artigo, abondando en que estivera relacionado cos meus recordos e vivencias de Nadal na capital dos Límicos.

Cavilando no que podía facer, cheguei a casa e senteime coa miña familia a ver Operación Triunfo; a rapaza pequena, logo se durmiu, deitada o carón dos meus xeonllos, a mais grande ficou o seu cuarto a estudiar, -teño moitos examenes... e despediuse cun bico que me soubo a gloria.... Daquela, a miña muller e mais eu quedamos escoitando, comentando e vibrando coa emoción e as cancións daqueles rapaces da televisión que perseguen o soño do éxito...

Dende o salón, en penumbra, as luces do árbore de Nadal chispeaban incansables convidándome a traspasar a barreira do tempo; Fun entón cara o ordenador, puxen a melodía do Unicornio Azul de Silvio Rodríguez e empecei a percorrer coa imaxinación as frías tardes de Decembro de fai mais de vintecinco anos. Sen saber case como atopeime turrando do bolsón do meu Pai para que nos dera –o meu irmán e mais a min- unha peseta para mercar “larpeiradas”.

As que podíamos mercar con aquela moeda eran oito carameliños de nata na tenda da Felisa, ou quizais un cucurucho de “galletas rotas” no escuro estanco do Serxio Malaia, - aquel altísimo ex-porteiro de fútbol que despachaba selos e tabaco no seu comercio da Praza Maior-, ou dous gomas de mascar de bola onde o Asorey. Unha peseta de Felicidade, - una peseta, Papa, danos unha peseta...- era todo o que pedíamos,

Os tempos mudaron, meu pai, como moitos outros, xa non esta..., e a peseta será so lembranza en poucas datas. Eu medrei e comigo os amigos da infancia, aqueles que cada Nadal nos xuntaba a Parroquia para recrear o Belén vivinte no adro da Igrexa vella co as casas feitas de palla, os pastores cos años, o lume, o pesebre co Meniño.

Teño unha foto que detén o tempo no altar maior da Igrexa nova, en ela mais de trinta rapaces e rapazas, que hoxe andarán polos 40, -Antonio, Luís, Gislena, Dolores, Amparo, Iñaqui, Teresa, Mº José, Alfonso, Elisa, Maite, Fernando, Milagros, Carmen, Camilo, Manolo ...-. O Capelán, o Padre Julio ou zecáis Don Manuel, xa non me lembro, repartía os papeis, e os traxes, cada un facía o seu: a pelica que quitabamos da Coreana, as polainas as albardas...

Quen cosía, era a familia, -¡sempre a familia!-, con doces fíos, aqueles sinxelos traxes; Os nosos, fixéranolos a tía Pura e a Teresa e o toque final o puxeran a nosa Mai e unha das miñas hirmas. E mentres repasábamos o guión unha e outra vez– “somos dos pastorcillos que venimos de la Alcarria, y al niño Jesús traemos miel y queso en las albardas”- os ollos da nosa Mai, que como os de tódalas mais, alumean como ninguén estas datas de Nadal, compracíanse ollándonos.

Si, recordo o Nadal con ledicia, e un pobo frío e bulangueiro, preparando as panxoliñas para cantar os reis, recollendo musgo para o Belén, comprando “galletas rotas” e xuntándonos os oito, que éramos de familia, envoltos nun traxín de amizades, parentes, veciños, sabañ´ss, salón parroquial e xogos....

Podería pasar horas lembrando aquelas datas, con centos de palabras e deceas da nomes. Algunhas cousas non mudaron tanto, ou zecais si, pero o sentimento e o esprito que impregna cada Nadal, sigue a vivir en nos.

Meu desexo é que perdure entre os meus e entre todos los veciños de este pobo. Que todos disfrutemos en familia, en amor e amizade, de estas máxicas datas, que fan posible, que voltemos a ser como aqueles cativos, dos inocentes sorrisos que quedaran para sempre na foto do altar maior da Igrexa Nova.

É todo por unha peseta, lembranzas e ledicia por unha simple moeda de peseta, ¡ ¡ Oxalá que o Euro nos siga facendo soñar!.

¡BO NADAL!


Carlos G. Nadal 2001

TE LEMBRO

I

Eu lémbrote sentado, sentado
e compracido, tranquilamente, te lembro
Vendo pasar o tempo
Resignado, tamén, o teu destiño.
Te lembro
Case sempre contento,
E por veces
Rosmando, ou lendo.
Cando facía mal tempo, te lembro
sentado na cadeira
da cociña
ollando pola fiestra
te lembro, e gardo
a túa imaxe na memoria
porque quero lembrarte,
así te lembro.

II

Eu lémbrote contando
apaixonado
Historias de finais infelices
De homes en branco


e negro,
De heroes azuis e roxos
De cañons,
e sireas,
de barcos e segredos; Eu, te lembro
distante
e con bagoas, te lembro
con voz entrecortada;
E lembro... cousas,
tantas,
e todas tan lonxanas….
que e doado esquecerse
pra non esquecer nada.

III

Te lembro,
e a túa lembranza
Faime Un, estremecemento
As veces, unha bagoa
si ausente , te lembro
E outras
un sorriso. Despois de tanto tempo…
Te lembro
Con orgullo (e sempre con cariño)
Te lembro Pai,
Te lembro.



Carlos G.
9/VIII//93 . (2:30H)

Pasan los sueños

Pasan los sueños
como barcos veleros
dejando estelas en las miradas
y brumosas ausencias de lejanías
pasan algunos
pero otros más tercos
como boyas flotantes en la nostalgia
son asideros para los náufragos
sus cuerpos húmedos
sus blandos faros de luces claras
son el conjuro para el cansancio
ahora lo entiendo
soñar no es malo
es hacerse una casa con horizontes
crear fulgores
que atemperen la vida
fundir fragancias
frágiles y ligeras como la espuma
y eso no es malo
los sueños alimentan tras la vigilia
y empujan a los hombres hacia la pompa
irisada y temblona de las infancias

J. Carlos Gómez

CANTIGA DE SOIDADE

Vou na túa percura;
Navego esta noite, por un mar somnolento
que adoito surcar coa compaña de algunha midi melodía
de piano pseudo electrónico,
cando me sinto canso, a pensar…

E penso porque quero,
sen nada especial que me mova a facelo.
So penso por pensar,
por disfrutar pensando,
por pasa-lo tempo divagando:
Como quen viaxa deixándose levar pola corrente
(sen remos, sen temón, aínda sen velas)
nun caiuco, multicolor estragado pola desilusión ,
o longo dunha nada tan solitaria e valeira
como a afastada estrela polar desta noite
enxoita i escura.

Penso, pechando os ollos,
e mirando de cando en vez polo rabiño
o fondo diste océano enganosamente manso,
por si chegara a derradeira onda de ningures
que agardo
inexorable e impaciente,
nesta veira da lúa nova,
sobre as areas dunha praia imposible,
brillante e
valeira
no mar da tranquilidade.

Móvome
o compas das notas que vai tocando o pianista invisible,
agochado zecais nos recunchos escuros e inaccesibles
desta habitiación que ocupo,
aquecida po-lo lume dos meus pensamentos inquedos
e trasnoitadores.

Sorrío, e susurro,
e tarareo o que escribo,
e me deixo levar por este ritmo adormecido,
acompasado polo monótono vaivén, maxinario,
das ondas silenciosas da lúa brillante e arregoada.

Vai acabando a viaxe…
Déitome, sobre un acolchado sofá de espuma,
suave e denso como un nórdico de terciopelo azul recen estreado
que cheira o aroma do deserto o amencer:
O oasis das palmeiras moles que se moven co vento da maña,
como a mes en agosto.

E así, paseniño,
vou chegando
a non sei onde,
nesta patera sen rumbo,
deitado o carón da lúa.
Envolto en bolboretas transparentes
que me fan cóxegas na barriga e por detrás do pescozo…

E sinto
o reflicto do teu recordo
doce como a mel da veiga,
sexas quen sexas (e non quero sabelo),
adorada soidade:
Déixame eternamente
este sorriso embriagador nos beizos mordisqueados po-la calma,
déixame
esta ledicia no peito,
este coraxe nos puños
i esta paz no corazón;

E lévame, cando queiras,
sen avisarme,
a calquera sitio distante,
eternamente
ou aínda que sexa so por un anaco pequeno
diste medio minuto
que dura a midi melodía de piano,
de esta cantiga continua
inacabada
e fermosa
que e a vida.
Carlos Gómez (Noviembre 2006)

My Way "O meu Xeito"

O fin moi perto está,
afrontaréino sereamente,
xa ves, eu fun así,
voucho dicir sinceramente
Vivín a intensidad,
non atopei xamáis fronteiras
xoguéi sen descansar
o meu xeito.
Xamáis vivín algún amor
que para mín fora importante
toméi tan solo a flor
e o mellor de cada instante
Viaxéi e disfrutéi,
non sei si máis que outro cualquera
si ben, todo elo foi o meu xeito.
Zecais choréi, zecais reín,
zecais gañei, zecais perdín
agora séi que fun feliz,
que si choréi tamén améi
e todo foi, podo decir, i did it my way.
Zecais tamén eu duvidei
cando mellor oas cousas iban
zecais eu despreciéi
aquelo que non comprendía
hoxe séi o que firmei
fun e afrontéi ser como era
e así logréi seguir,
o meu xeito.
Porque saberás
que o home o fin coñecerás
polo seu vivir
non hay porque falar,
nin que decir, nin que lembrar, nin que finxgir
podo chegar hata o final,
O MEU XEITO!