miércoles, 2 de mayo de 2007

XINZO


XINZO
I
Xinzo e un bocoi de bo viño.
Un bocoi de castiñeiro
bravo, duro e mariñeiro
sobre as augas do Bión.

Feito con doelas longas
Dobradas con lume tesa
Arrexuntadas a peito
Po los homes desta terra

E un pobo que rula e roda
pola bodega do tempo;
Longo frío e lamacento
Onde madura o anelló

****
E, coma un carro que canta
manso e fondo pola veiga
enchido de pan dourado
de feixes e de tesón.

Xinzo e unha barca varada
Botando as velas o vento
pra navegar na memoria
desta chaira desecada.
****
Esta fonte de auga boa
-Que se estremece co entroido-,
terra dos meus devanceiros.

Aquí quero cando morra
que se queden os meus beizos.

II

Unha aira verde i húmida,
é o meu pobo.
Unha lumieira quente
e perdurable.
De soños, un lameiro,
de homes, muiñeiro.
Leira de encrucilladas,
terra e auga
rodeiras que tecidas fan camiño.
****

Coma un tesouro deitado a ren do millo,
agochase entre os líquidos reflictes
dos solpores,
forxadores
da ialma
da súa xente:
De festas bulangueira
de amigos cantareira.

Leira de encrucilladas,
terra e auga
compañeiro de vida perdurable.
Peirao dos devanceiros, pobo meu,
fogar
antergo e morno...
Xinzo Xinzo.


Febrero 2007