miércoles, 31 de enero de 2007

CAMILO J. CELA, E XINZO DE LIMIA

En Xullo de 1997 con motivo da Feira de mostras Expolimia, que acollía a II edición da feira “dá Pataca Galega de denominación especifica”, en calidade de coordinador da mesma, escribinlle unha carta a Camilo J. Cela, que por aquel entón vivía en Guadalaxara, expresando o noso interese por que fixese de pregoeiro daquela exaltación da Pataca Limia, nun evento no que ademais, tentabamos, nos inscribir no Libro Guiness dos records.
Asemelloume unha excelente opción pola súa calidade intelectual, os seus coñecementos gastronómicos e experimentado padal, e por ser un galego universalmente recoñecido. Ninguén, pois, mellor que el para ser notario, testemuña e embaixador do noso producto agrícola por excelencia naquela ocasión.

Un mes mais tarde, cando me atopaba no hotel Finisterre da Coruña para asistir á xuntanza familiar, cando xa perdera toda esperanza de obter unha resposta afirmativa, recibo unha chamada telefónica, ó móbil, e sorprendido escoito: -¿Don Carlos Gómez? ... -Soy Camilo Jose Cela.....” . Despois de me agradece-la invitación e se desculpar por non poder asistir, por motivos de saúde (1), de forma moi natural e espontánea preguntoume se eu era de Xinzo de Limia -...Pueblo que he conocido bien, me di -... pues durante una temporada, despues de la guerra, estuve trabajando como contable para la Molinera del Ruca-.
Na breve conversa que mantiven con el, fálome dalgunha das súas lembranzas de Xinzo, das feiras, do Casino (preguntoume si aínda existía), e da Lagoa de Antela, comentándome que paraba nunha fonda –... en la carretera de Orense, en la que se comía muy bien... -. Despediuse, moi afablemente, ofrecéndose para que contásemos con el, si houbese ocasión.

Nin que dicir ten, que a miña sorpresa foi maiúscula, non só pola chamada persoal do Nóbel, mais tamén pola revelación da súa estadía na nosa vila.

Teño tentado de me achegar ás datas e circunstancias que trouxeron a Cela a Xinzo, pero ata a data, a falla de tempo, non me permitiu revisar aínda algúns datos, que sen dúbida, hanse de atopar na propia fundación Camilo Jose Cela en Iria, e nos arquivos administrativos da Muiñeira do Ruca; Sexa como fora, dos datos que manexo na actualidade, creo que se pode afirmar, que a estadía de Cela en Xinzo, produciuse na década dos 40.

Nunha das súas biografías pódese ler que para sobrevivir tivo que realizar todo tipo de traballos: periodista, actor, toureiro, funcionario, pintor e mestre de judo, aínda que en realidade era, segundo confesou nalgunha ocasión, que non desexaba ser nada en especial; só quería traballar; só escribir.

Nos seus libros, deixounos algunha pista do coñecemento que tiña de Xinzo adquirido, sin duvida, na breve relación laboral que tivo con iste pobo. Escribe, que nos anos 1940, 41 e 42, (…) años de estrechéces (…), se atopaba (…)sin una sola peseta en el bolsillo y empezando el escalafón de la vida desde abajo (…) (2)

En outra das suas novelas, fálanos directamente de Xinzo de Limia, (…) huyendo en pos del amor llegaron hasta Ginzo de Limia, provincia de Orense, donde el (un tal Paquito, Veterinario) tenia una hermana, la Valentina, que era dueña de una granja de pollos(…). (…) A la Carlota, la Pura y la Angélica, los jóvenes de Ginzo de Limia les llaman los tres lanceros Bengalíes, porque los domingos y los días de fiesta salen juntas a pasear. Los viejos les dicen los tres mosqueteros. (…) (3) .
En outro parrafo escribe: (…) Los domingos y días de fiesta, la Carlota, la Pura y la Angelita, despues de la misa, se van dando un paseo por el pueblo (referindose a Xinzo de Limia); a veces, se llegan hasta la laguna de Antela, que es grande como un mar, y sueñan, poeticamente y en silecio, con que, sobrenadando las aguas se presenta, medio comido ya por los barbos, el cadáver de Margot (…) (4).
En Los viejos amigos, outra das suas novelas, de 1959, podemos atoparnos con un tal Benigno Chamoso: (...) El guardia que duerme apoyado en el radiador de la calefacción se llama Benigno Chamoso, y es de Ginzo de Limia, en la provincia de Orense (...) (5)
Tamén en Mazurca para dos Muertos, novela esta mais recente, un dos seus persoaxes e un tal ADRIAN ESTEVEZ (TABEIRON) que baixa a Lagoa de Antela, mergullando, a colle-las campas da asulagada (e lendaria) cidade de Antioquía. Esta novela e, de algún xeito, a historia dos Guxinde: "De una rama de la laguna de Antela que se llamó Liorta vienen nueve familias distintas, todos parientes, a saber: Los Marvises, los Celas, los Segades, los Faramiñás, los Albite, los Beiras, los Portomourisco, los Requixo y los Lebozans, al racimo de toda la tropa le llaman los Guxindes" (6)
Será xa que logo, interesante verificar este feito, que sen dúbida contribuirá a engrosa-lo anecdotario cultural da Vila de Xinzo.

Carlos Gómez

Notas:
1.- Tivera que anular varios compromisos por unha afeccion respiratoria.
2.- Memorias, entendimientos y voluntades, p. 327
3.- Tobogán de hambrientos, p. 218 y 220
4.- Tobogan de hambrientos, p. 253
5.- Los viejos amigos, p. 196 y 251
6.- Mazurca para dos muertos p. 46. Edic. Seix barral 1983

1 comentario:

Max Estrella dijo...

Que bonita historia, non a publicaras nunca? Nin en Facebook? Na Mazurca Cela fala moito da zona, mesmo de Sandiás, pero eu non lle perdono que nin mencione Piñeira de Arcos. Un abrazo.