sábado, 2 de diciembre de 2006

Unha peseta de ledicia

A pasada tarde do luns, una chamada telefónica dende un periódico, me convidaba a escribir algo sobre o Nadal para o especial que este diario faría nas vindeiras datas.
Me gusta escribir, declarei, o tempo que me suxerían que escollera eu o tema e a extensión do artigo, abondando en que estivera relacionado cos meus recordos e vivencias de Nadal na capital dos Límicos.

Cavilando no que podía facer, cheguei a casa e senteime coa miña familia a ver Operación Triunfo; a rapaza pequena, logo se durmiu, deitada o carón dos meus xeonllos, a mais grande ficou o seu cuarto a estudiar, -teño moitos examenes... e despediuse cun bico que me soubo a gloria.... Daquela, a miña muller e mais eu quedamos escoitando, comentando e vibrando coa emoción e as cancións daqueles rapaces da televisión que perseguen o soño do éxito...

Dende o salón, en penumbra, as luces do árbore de Nadal chispeaban incansables convidándome a traspasar a barreira do tempo; Fun entón cara o ordenador, puxen a melodía do Unicornio Azul de Silvio Rodríguez e empecei a percorrer coa imaxinación as frías tardes de Decembro de fai mais de vintecinco anos. Sen saber case como atopeime turrando do bolsón do meu Pai para que nos dera –o meu irmán e mais a min- unha peseta para mercar “larpeiradas”.

As que podíamos mercar con aquela moeda eran oito carameliños de nata na tenda da Felisa, ou quizais un cucurucho de “galletas rotas” no escuro estanco do Serxio Malaia, - aquel altísimo ex-porteiro de fútbol que despachaba selos e tabaco no seu comercio da Praza Maior-, ou dous gomas de mascar de bola onde o Asorey. Unha peseta de Felicidade, - una peseta, Papa, danos unha peseta...- era todo o que pedíamos,

Os tempos mudaron, meu pai, como moitos outros, xa non esta..., e a peseta será so lembranza en poucas datas. Eu medrei e comigo os amigos da infancia, aqueles que cada Nadal nos xuntaba a Parroquia para recrear o Belén vivinte no adro da Igrexa vella co as casas feitas de palla, os pastores cos años, o lume, o pesebre co Meniño.

Teño unha foto que detén o tempo no altar maior da Igrexa nova, en ela mais de trinta rapaces e rapazas, que hoxe andarán polos 40, -Antonio, Luís, Gislena, Dolores, Amparo, Iñaqui, Teresa, Mº José, Alfonso, Elisa, Maite, Fernando, Milagros, Carmen, Camilo, Manolo ...-. O Capelán, o Padre Julio ou zecáis Don Manuel, xa non me lembro, repartía os papeis, e os traxes, cada un facía o seu: a pelica que quitabamos da Coreana, as polainas as albardas...

Quen cosía, era a familia, -¡sempre a familia!-, con doces fíos, aqueles sinxelos traxes; Os nosos, fixéranolos a tía Pura e a Teresa e o toque final o puxeran a nosa Mai e unha das miñas hirmas. E mentres repasábamos o guión unha e outra vez– “somos dos pastorcillos que venimos de la Alcarria, y al niño Jesús traemos miel y queso en las albardas”- os ollos da nosa Mai, que como os de tódalas mais, alumean como ninguén estas datas de Nadal, compracíanse ollándonos.

Si, recordo o Nadal con ledicia, e un pobo frío e bulangueiro, preparando as panxoliñas para cantar os reis, recollendo musgo para o Belén, comprando “galletas rotas” e xuntándonos os oito, que éramos de familia, envoltos nun traxín de amizades, parentes, veciños, sabañ´ss, salón parroquial e xogos....

Podería pasar horas lembrando aquelas datas, con centos de palabras e deceas da nomes. Algunhas cousas non mudaron tanto, ou zecais si, pero o sentimento e o esprito que impregna cada Nadal, sigue a vivir en nos.

Meu desexo é que perdure entre os meus e entre todos los veciños de este pobo. Que todos disfrutemos en familia, en amor e amizade, de estas máxicas datas, que fan posible, que voltemos a ser como aqueles cativos, dos inocentes sorrisos que quedaran para sempre na foto do altar maior da Igrexa Nova.

É todo por unha peseta, lembranzas e ledicia por unha simple moeda de peseta, ¡ ¡ Oxalá que o Euro nos siga facendo soñar!.

¡BO NADAL!


Carlos G. Nadal 2001

No hay comentarios: