lunes, 11 de diciembre de 2006

¿QUEN E PAPA NÖEL?

Cando eu era cativo, a festa do Nadal tiña certas similitudes coa celebración actual; Digo esto, porque a pesar de que se mantén a esencia fonda da festa, as formas mudaron radical, e penso que en grande medida irreversiblemente; Antes, a celebración tiña un marcado carácter relixioso, intimista e tradicional, e hoxe, para a maior parte da poboación, o Nadal e unha festa laica con raizames cristiás; Unha celebración superficial, mediatizada pola televisión (¿Cantos fogares apagan a televisión a noite de Nadal?), e cada vez mais allea o ámbito intimo e familiar que lle deu cobillo e sentido. Todo este espritu do nadal vaise disolvendo nunha encrucillada de rúas, nun remuíño de euros e dólares (bares pubs e discotecas, tecnoloxía, areas comerciais, consumismo e modas). A incorporación de estes rituais, fundamentalmente materialistas, veñen a convertela paseñiñamente en algo novo, diferente o que era, moderno e aínda diría, oposto o espritu tradicional que a fixo pervivir durante tantos séculos.

A pesares de todo, como dixen o comezar este artigo, afortunadamente o Nadal aínda conserva a esencia da súa xéneses.

Pero hai un “elemento” que me chama a atención e que despunta por enriba de todos estes esnovismos mediáticos e economicistas: Papa Nöel, ou en Galego, Pai Nadal.

A calquera cativo que se lle pregunte por Melchor, Gaspar e Baltasar, nos contestara de xeito case reflexo que se trata dos tres Reis Magos. E seguro que calquera neno sabe dicir mais cousas deles: Que seguían a unha estrela, que eran de Oriente, que foron a Belén a levarlle agasallos o Neno Xesús, que ían en camelos, que tiñan paxes. Zecais algúns saiban dicir que levaban ouro, incenso e mirra ( aínda que, como di o chiste, poucos saiban para que sirve a mirra…???). O caso, e que poderiamos deducir que os Reis Magos son uns vellos amigos ben coñecidos –e impacientemente agardados-.

Pero vel-aiqui, que de súpeto, alguén do que remotamente sentiamos falar de cativos, un home vello, gordiño e populista, vestido de roxo, de barba branca e que viaxa polo ceo en trineo!, esta a piques de derrocar, cal civil golpista, as tres vellas monarquías orientais.

Pero, ¿ quen é este elemento subversivo?
As súas orixes hainas que buscar aló polo século IV, nun santo chamado Nicolás de Bari que acadou grande popularidade pola súa xenerosidade e bondade, nos vals de Lycia e Asia Menor, e foi unha das figuras máis veneradas polos cristiáns de Oriente e Occidente o longo de toda a idade media e se cree que morreu o 6 de Decembro do ano 345.

A este personaxe patriarcal, tenro e protector, que reparte agasallos os nenos, hoxe chámaselle Santa Claus, Father Christmas, Sinterklaas, Papá Noel, Baboo Nadale, Pai Nadal, Père Noël ou Julenisse en Escandinavia … Aínda que no pasado denominábaselle San Nicolás; E moito antes, aparecía co nome de Señor Inverno po los camiños nevados dos pobos centroeuropeos.

Pero más atrás aínda no tempo, celebrábase coa advocación de Saturno entre os romanos e Cronos entre os gregos.
Na antiga Roma, por exemplo, celebrábanse estas festas relixiosas en honor a Saturno en inverno, mais ou menos a mediados de decembro; Estas cerimonias comprendían festas, xogos, e invertíanse as relacións de autoridade (as mulleres sobre os homes, os fillos os pais). O final das festas, os nenos recibían agasallos de todo o mundo.

Pai Nadal non tiña por entón un nome nin un sexo definido. Estes ritos pagáns, fóronse asimilando os mitos e crenzas cristiás, mesturándose con outras tradicións pagás como as dos nenos italianos, que recibían agasallos de unha meiga boa chamada Befana. Ou en Alemania que llos botaban dous vellos xenerosos, Berchta e Knecht Ruprecht. Nos bosques vascos, quen viña con agasallos pros rapaces era un xigante chamado Olentzero, e tamén carboeiros, trasnos labregos de barba branca, botas altas e sombreiro de armiño.
A popularidade e o recordo dos milagres de San Nicolás entre os fieis cristiáns e a supremacía desta relixión, foi sustituindo as figuras pagás portadoras de agasallos e mesturándose con outras celebracións. Espallándose por toda Europa durante o século XII a tradición do Santo levando agasallos na Noiteboa.

Cincocentos anos mais tarde no século XVII, os holandeses levan a tradición os Estados Unidos co nome de Sinter Klaas, Santa Claus. Aínda que este nome ten os orixes en Alemania con Sankt Nikolaus e Sanct Herr Nicholaas, e as súas raizames como vimos dicindo, atópanse na antiga cultura popular Europea. En esta época, celebrábase o 6 de Decembro, e dicíase que cabalgaba polo ceo nun cabalo, repartindo agasallos; Vestía como un bispo, e as veces iba acompañado por Black Peter, un trasno que azoutaba os nenos que non se portaran ben.

En España, nembargantes, son os coñecidos Reis Magos os encargados dos agasallos, e esa costume difundiuse cara Latino América.
Despois da Reforma, os protestantes alemáns deron máis importancia o Christkindl (Neno Xesús) como donante de agasallos o día da súa festa, o 25 de decembro. Pero como a tradición de Nicolás prevaleceu, esta incorporouse o Nadal. En 1969, o papa Paulo VI suprimiu a festividade de San Nicolás do calendario católico, así como a de outros personaxes lendarios que tiñan pouco documentadas as súas vidas. Ironicamente, o termo Christkindl evolucionou hate converterse en Riss Kringle, outro alcume de Pai Nadal.

En 1809 o escritor Washington Irving, escribiu unha sátira, Historia de Nova York, na que deformou o santo holandés, Sinter klaas, na basta pronunciación anglofalante Santa Claus. Más tarde o poeta Clement C. Moore, en 1823, publicou un poema onde deu corpo o actual mito de Santa Claus, baseándose no personaxe de Irving, nun trineo tirado por oito renos. Ata o de aquela, Pai Nadal repartía os agasallos a pe, ou montado en un cabalo.

A imaxe do gordiño Santa Claus detallouna ó máximo o debúxante Thomas Nast, que por Nadal de 1860 a 1880 deu o prelo ilustracións súas na revista Harper’s. Nast, añadindolle detalles como o seu taller no polo norte e a vixilancia sobre os cativos malos e bos de todo o mundo

A mediados do século XIX, o Santa Claus estadounidense pasou a Inglaterra e de alí a Francia, onde se fundiu con Bonhomme Noël, orixen do noso (Papa Noel) Pai Nadal, quen tiña parecido físico con Santa Claus, pero vestía de branco con vivos dourados.

No ano 1931 foi debuxado por primeira vez por Coca-Cola empresa que lle deu o seu aspecto actual. Esta multinacional encargoulle a Habdon Sundblom, que remodelara o Santa Claus de Thomas Nast, para a campaña publicitaria de Nadal dese año, 1931.

Sundblom, creou un Santa Claus más alto, aínda máis gordallón, e tamén mais simpático, con unha cara mais bondadosa da de Nast; De ollos pícaros, faiscantes e amigables, cun pelo branco e longa barba e mostacho, tamén brancos, sedosos e agradables. A vestimenta mantivo os cores vermello e branco, que son os da compañía Coca Cola, pero o seu traxe fíxose máis luxoso e atractivo.
Cada ano no tempo de Nadal en case todo o mundo, a publicidade, as tarxetas de felicitación, a decoración e a aparición do Pai Nadal nos grandes almacéns, renovan a súa lenda moderna; Sorprendentemente moderna, e simple. Tan burda, que semella que ninguén, nin cativo nin adulto, se podería tomar en serio despois dun pequeno análise o personaxe cocacoleiro. E mais sorprende ainda, é que os nenos do século XXI tan espertos, informados e críticos, tecnolóxicos e tremendamente televisivos e internauticos, se traguen o conto do barbudo gordiño, ¡Que viaxa polo ar nun trineo! Ou o que peor, ¡Nun trineo tirado por oito renos, un deles chamado Rudolf… que soa a carallada.

Que ademais, entra polas chemineas, cando a mais grande parte das casas non teñen mais cheminea que as da estración de gases; E si por estas entrara o vello gordallón, quedaría tupido frustrándose a súa tarefa de repartir milleiros de agasallos nunha noite, que por certo, leva nun saco. ¡Alucinante historia…!

Eu coñezo una anécdota, dun neno, ó que, o pai empreñouse en darlle unha sorpresa de noiteboa. E non se lle ocorreu outra cousa que vestirse de Pai Nadal, e chamar o timbre as dúas da noite do 24 de Decembro, cun saco as costas.
Nin que dicir ten que o susto que levou o rapaz foi de carallo; berrando aterrorizado escaleiras embaixo, como un autentico poseso descontrolado, e toda a familia tras del, incluído o falso Pai Nadal, que trataba de tranquilizar o rapaz despoxándose polo camiño da barriga das barbas e do saco e de todo xcanto o podia espantar.
Sospeito que o pobre cativo aínda padece as secuelas de aquel trauma infantil, e nin escoitar quere do home do saco, que para el e un vello, feo como o demo vestido de roxo, de rubia barba descolocada e aspecto cansado e borrachuzo…. Que mais ten, o caso e sorprender e agasallar… Pois si, o agasallo foi dos bos, e a sorpresa xa maxinades! Obxectivo cumprido..

Para min, este personaxe usurpador, apoiado polo tío SAM e vestido pola COCACOLA Inc, no e mais ca un producto da sociedade capitalista e insolidaria, que entra en conflicto co verdadeiro significado do Nadal, e sómentes promove a avaricia e o consumismo. Que nada ten que ver co espritu daquel santo personaxe do século IV que simboliza co seu exemplo de vida e amor, o cariño e a xenerosidade.

Eu para dar e recibir agasallos de Nadal, quedo cos Reis Magos, que aínda que reis, ou zecais por elo, parécenme mais próximos, mais humanos e mais humildes.

No hay comentarios: